O aeroporto internacional de Kabul suspendeu todos os voos comerciais ante a situación de caos que se viviu nas últimas horas na capital afgá, que derivou nunha presenza masiva de cidadáns que buscan unha vía de escape ante o avance talibán, a caída da capital e a saída do presidente del país, Ashraf Ghani.
#Kabul airport this morning … 😣
— حسن سجواني 🇦🇪 Hassan Sajwani (@HSajwanization) August 16, 2021
video via @sudhirchaudhary pic.twitter.com/UbU6XHn5Zh
Despois de horas de confusión, autoridades de aviación civil confirmaron que non sairá ningún voo comercial polo momento do Aeroporto Internacional Hamid Karzai ao tempo que instaron á cidadanía a evitar xerar multitudes.
A OTAN informou este domingo de traballos para garantir a seguridade do aeroporto, punto chave de evacuación para as delegacións e cidadáns estranxeiros que tentan abandonar o país.
Saída segura e ordenada
Forzas dos Estados Unidos (EUA) tamén se despregaron nas instalacións, no marco dun operativo no que participan 6.000 efectivos "para asegurar" o aeropuerto e "permitir a saída segura do personal estadounidense e aliado en Afganistán".
Máis de 60 países, entre estes, España, Estados Unidos e Reino Unido, así como o Alto Representante da Unión Europea para Asuntos Exteriores e Política de Seguridade, Josep Borrell, pediron esta segunda feira a todas as partes "que respecten e faciliten a saída segura e ordenada dos cidadáns estranxeiros e afgáns que desexen saír do país", após o progreso talibán.
As imaxes difundidas polos medios mostran por centos de persoas no aeródromo, de onde chegan informacións que apuntan posíbeis disparos e mesmo o falecemento de tres persoas na loita por saír do país, segundo The wall Street Journal, cinco, segundo Reuters.
#Breaking: At least three people have been killed by gunfire at Kabul airport.
— Ahmer Khan (@ahmermkhan) August 16, 2021
Heavy gunfight going on. pic.twitter.com/yxfVnwbMFn
A situación precipitouse tras a conquista de Kabul polos talibán, que supuxo a caída 'de facto' do actual Goberno e a fuxida do país do presidente, Ashraf Ghani. Os insurxentes fixéronse co control da maioría do territorio en menos de dúas semanas.
Dous avións a Dubai
O Goberno do Estado anunciou o envío dous avións a Dubai para repatriar cidadáns no país mais tradutores afgáns, algo que tamén fixeron outros países como Alemaña, que completou esta segunda feira a fase inicial da evacuación coa chegada dos primeiros cidadáns a Doha, segundo fontes citadas pola axencia DPA.
A ministra de Defensa de Francia, Florence Parly, informou igualmente do inicio dunha gran campaña de traslados, en vista de que hai varias "rotacións" entre Afganistán e Emiratos Árabes Unidos para axilizar a evacuación dos cidadáns galos.