mércores 12/08/20

O comezo da fin da guerra máis longa dos EUA

Os EUA comezaron esta semana a retirar tropas de Afganistán como parte do pacto cos talibáns asinado o 29 de febreiro. A guerra, a máis longa na historia dos EUA, agochou intereses políticos e deixou grandes beneficios para empresas militares privadas como Blackwater.
Tropas dos EUA abandonan Afganistán, nunha imaxe facilitada ao medios (state.gov)
Tropas dos EUA abandonan Afganistán, nunha imaxe facilitada ao medios (state.gov)

A intervención armada dos Estados Unidos en Afganistán iniciouse en 2001. Foi a resposta do daquela presidente, George W. Bush, aos ataques que o país sufriu o 11 de setembro dese ano levados a cabo con avións comerciais secuestrados. A Administración Bush culpou Osama bin Laden de ser o artífice deses ataques e os talibáns ─o movemento que gobernaba entón e desde 1996 o Afganistán─ de lle dar acubillo a el e á súa organización, Al Qaeda.

Case dúas décadas despois, Washington asinou un acordo cos talibáns que podería supor o principio do fin da guerra máis longa na historia dos EUA. Para o Afganistán, porén, o conflito ten visos de continuar. O país leva máis de 40 anos en guerra continuada desde a Revolución de Saur, en abril de 1978, e a posterior invasión da URSS, en decembro do ano seguinte. Arredor de 80% da poboación nacida durante este período descoñece o que é vivir en paz.

O Goberno afgán non participou das conversas nin do acordo, mais está previsto que manteña negociacións cos talibáns. O presidente Ashraf Ghani, que na segunda feira inaugurou un novo mandato, mostrárase publicamente contrario á liberación de presos desta facción político-militar fundamentalista islámica sunnita, mais as últimas informacións sinalan que houbo un cambio de postura. 

A información íntegra pode ser consultada na edición en papel de Nós Diario, á venda nos quioscos, ou na súa lectura na nube.

comentarios