mércores 27/01/21

A executiva do PNV elixe por unanimidade a Urkullu candidato a Lehendakari

A executiva do EAJ-PNV vén de elexir por unanimidade o presidente do partido nacionalista, Iñigo Urkullu, como candidato ‘jeltzale’ a Lehendakari nas vindeiras eleccións vascas, que poderían realizarse a comezos de 2013.
Iñigo Urkullo, candidato a Lehendakari polo PNV
Iñigo Urkullo, candidato a Lehendakari polo PNV

A candidatura de Urkullu será, de feito, a única que o Euskadi Buru Batzar translade ás bases do PNV na Asemblea Nacional do partido, que se realizará o vindeiro 5 de xullo e que porá o broche de ouro ao proceso interno dos nacionalistas vascos para ‘quentar motores’ de cara á cita coas urnas para elexir o novo ocupante de Ajuria Enea.

Unha comisión formada polos presidentes das executivas territoriais do PNV (Bizkaia, Gipuzkoa, Araba, Nafarroa e Iparralde) foi a que propuxo ao EBB a candidatura de Iñigo Urkullu, que foi aceptada e aprobada por unanimidade

Eleccións en clave abertzale

As sondaxes e inquéritos do Euskobarómetro sinalan que o PNV sería a forza máis votada nunhas eleccións vascas de se desenvolveren agora, aínda que só cunha lixeira vantaxe en escanos por riba da esquerda abertzale, que se situaría na segunda posición. Os ‘jeltzales’ obterían o 30,7 por cento dos votos e entre 22 e 23 escanos dos 75 de que consta o Parlamento vasco. O PNV sería a forza máis votada en Bizkaia

Pola súa parte, o Euskobarómetro sinala que a esquerda abertzale obtería o 25% dos votos (entre 19 e 22 [email protected]). Dez escanos lograríaos en Gipuzkoa, territorio onde sería a forza máis votada.

O PSOE acadaría 16 escanos (18,3 por cento dos sufraxios) e o PP, 14 (15,4% dos votos). Os populares serían a principal forza en Araba. Izquierda Unida, co 3,1%, bailaría entre os 0 e os 3 escanos, mentres que UPyD perdería o deputado que ten (1,8 por cento dos votos).

comentarios