A Audiencia Nacional cita como imputados aos exministros populares Rato e Acebes polo caso Bankia

A Audiencia Nacional ven de admitir a trámite a querela presentada pola Fiscal contra 33 exmembros do Consello de Administración de Bankia, entre os que se atopan o exvicepresidente do Gobierno Aznar, Rodrigo Rato, e citounos a declarar como imputados.

A Audiencia tamén interrogará como imputados ao expresidente de Bancaja, José Luis Olivas, e ao exministro do Interior na etapa Aznar, Ángel Acebes, que tamén formou parte do Consello de Administración da entidade financeira.

A Fiscalía Anticorrupción anunciou vai para un mes que investigaba posíbeis delitos societarios na xestión da fusión e saída a Bolsa de Bankia

Comentarios