24O: mobilizacións simultáneas en Bretaña, Córsega, Occitania e Alsacia na defensa das súas linguas e culturas

Tamén Iparralde, Catalunya Nord, Antillas ou Illa Reunión realizarán ese día actos para reclamar “un estatus para a nosa cultura” fronte ao centralismo francés.

O vindeiro 24 de outubro haberá unha vaga de mobilizacións en diferentes territorios baixo soberanía francesa para defender as súas culturas e linguas fronte ao centralismo francés. Bretaña, Alsacia, Córsega, Occitania, Iparralde e Catalunya Nord van ser escenario de actos de diferente tipo baixo o cjamdo 'Un estatus para o noso país, un estatus para a nosa lingua e cultura'. Estas mobilizacións tamén terán lugar nos coñecidos como 'territorios de ultra-mar' franceses. Así, nas Antillas, na Illa Reunión ou na Guaiana decorréran diferentes actividades reclamando o respecto das súas identidades culturais e nacionais.

“Poder central arrogante”

No caso de Bretaña a mobilización do 24 en Carhaix vai precedida, o 23, dun debate en Quimper. A manifestación, salientan as entidades convocantes, como Kevre Breizh, demanda a reunificación de Bretaña, dotar de capacidade ás entidades bretoas para decidir en eidos como o económico e o cultural ou a co-oficialidade do bretón, entre outras cuestións. “Denunciamos un poder centralista e arrogante que vai contra os principios democráticos".

Comentarios