'Manny Mamtara', o novo 'reto' no Tik Tok israelí: "Secuestra un palestino e faino danzar e berrar 'longa vida a Israel!'"

Nos últimos días xurdiu un ‘reto’ na rede social Tik Tok de Israel que ben pode ser cualificado de perturbador. Trátase do seguinte: un colono israelí debe secuestrar un palestino, de fondo facer soar a canción ’ מני ממטרה’ posteriormente darlle unha bandeira israelí e facelo danzar ao berro de ‘longa vida a Israel!’. Todo isto mentres a persoa secuestrada ten os ollos vendados e os brazos atados por detrás das costas.
Un palestino secuestrado por un colono israelí (Foto: Palestina Hoy).
photo_camera Un palestino secuestrado por un colono israelí (Foto: Palestina Hoy).

O Estado de Israel continúa o seu asedio total da Faixa de Gaza desde o 7 de outubro. As vítimas mortais palestinas cóntanse por millares, entre as que se encontran perto de 3.700 crianzas, número que non para de medrar cada día que pasa.

A resistencia palestina tamén soporta os ataques israelís, porén, en Cisxordania, onde xa hai centos de mortos e os ataques das Forzas de Defensa de Israel (FDI) increméntanse cada xornada desde o 7 de outubro.

Unha situación que supón un verdadeiro xenocidio da poboación palestina que soporta agora a entrada por terra do exército israelí que obriga gran parte de palestinas e palestinos a emigrar cara ao sur da Faixa. Mais iso non para por aí, a humillación do poboación palestina vai aínda máis alá.

O reto' de Tik Tok

Nos últimos días xurdiu un ‘reto’ na rede social Tik Tok de Israel que ben pode ser cualificado de perturbador. Trátase do seguinte: un colono israelí debe secuestrar un palestino, de fondo facer soar a canción ’ מני ממטרה’ (Manny Mantara) posteriormente darlle unha bandeira israelí e facelo danzar ao berro de ‘longa vida a Israel!’. Todo isto mentres a persoa secuestrada ten os ollos vendados e os brazos atados por detrás das costas.

As redes están cheas de macabros exemplos destas humillacións contra a poboación palestina. Humillacións que se dan principalmente en Cisxordania.

Segundo os últimos datos que manexa a autoridade de Palestina, os ataques israelís xa deixan un total de 8.800 palestinos falecidos. O Ministerio de Sanidade palestino indicou que até o momento confirmouse a morte de 8.796 persoas, entre elas 3.648 nenos, á vez que cifrou en 22.219 o número de feridos, tal e como recolleu a axencia palestina de noticias Maan na súa conta en Telegram.

Comentarios