A Galiza ignorada

Gondomar, Feixoo e Sarmiento

O Padre Feixoo demostrou con rigor científco que o galego non era unha forma corrupta do castelán.
Retrato do padre Feixoo.
photo_camera Retrato do padre Feixoo.

Os séculos do galego medio –XVI, XVII e XVIII–, tamén chamados “séculos escuros” se callar con pouca propiedade, supuxeron un período de declive da lingua galega na súa manifestación escrita e de negación política da Galiza. Porén, non faltaron voces que saíron na súa defensa e que mostraron o seu valor e dignidade. As do Conde de Gondomar e dos Padres Feixoo e Sarmiento están entre as máis relevantes.

Diego Sarmiento de Acuña (1567-1626), Conde de Gondomar, embaixador en Inglaterra e político do máximo nivel na altura, amou a Galiza –”mi patria”– e a lingua galega con grande intensidade, como fca refectido na súa correspondencia, a cal tamén permite deducir que durante a primeira parte do XVII, cando menos, unha parte da aristocracia galega coñecía mal o castelán e aínda vivía instalada no galego como lingua de uso habitual e familiar. Contra a ocultación da historia da Galiza e contra a imaxe deturpada da lingua galega van loitar no século XVIII os nosos máis egrexios ilustrados.

O Padre Feixoo (1676- 1764) demostrou con rigor científco que o galego non era unha forma corrupta do castelán, mais irmán xémeo do portugués e lingua romance con personalidade de seu.

No “Corolario” dedicado a tratar da relación entre ambos comeza por reafrmar “que el Idioma Lusitano, y el Gallego son uno mismo”, e nel transparece unha ideoloxía patriótica de galeguidade, pois argumenta a superioridade e prevalencia da parte galega face á portuguesa: o idioma comunicouse da Galiza a Portugal, e non ás avesas, porque “Galicia era la Nación dominante” durante o reino suevo.

O Padre Sarmiento (1695-1772) saíu en apoio do seu mestre Feixoo e en defensa do galego e da Galiza, pois era consciente de esta con anterioridade ter sido un reino importante, feito que entón –como agora– se ocultaba de modo consciente.

Móstrase implacábel con aquelas persoas que se burlan da Galiza ou das súas xentes e, neste sentido, sentiuse moi doído con Portugal por os seus eruditos ocultaren a vinculación coa Galiza, e mesmo a súa existencia como reino medieval, e por renegaren da orixe galega da súa propia fala. Foi o primeiro grande estudioso do noso idioma, cuxo uso no ensino defendeu con paixón.

Máis en Información do Reino
Comentarios