xoves 13/08/20

Un total de 66 orixinais concorren á sétima edición do Premio Diario Cultural de Teatro Radiofónico

É a edición mais concorrida na historia do certame desde o seu inicio, en 2006. O premio ten unha dotación total de 6000 euros, 3.000 en cada unha das dúas categorías

Un total de 66 orixinais concorren á sétima edición do Premio Diario Cultural de Teatro Radiofónico

66 orixinais concorren á sétima edición do Premio Diario Cultural de Teatro Radiofónico que abre agora período de selección de obras finalistas. É a edición con mais orixinais recibidos desde que se convocara por vez primeira o certame no ano 2006.

O teatro radiofónico aséntase como linguaxe artística e amplía a súa presenza no ámbito da creación contemporánea en Galicia O xurado reunirase o dia 20 de maio para a escolla das obras finalistas que logo serán dramatizadas e emitidas nos distintos programas da Radio Galega. Estas pezas incoporaranse ao corpus de mais de 20 obras que ao longo das seis ultimas edicións conformaron as emisións do Premio Diario Cultural de Teatro Radiofónico,creado co obxecto de fomentar a escrita de textos dramáticos para a radio, facilitar o diálogo entre a dramaturxia contemporánea e o medio radiofónico e contribuír á recuperación desde unha perspectiva contemporánea do xénero de teatro radiofónico.

As dramatizacións emitiranse en distintos programas da radio pública galega. Das emitidas, o xurado escollerá a obra galardoada finalmente; e a audiencia votará o texto que recibirá o premio do público.

Cunha dotación total de 6000 euros (3.000 euros en cada unha das dúas categorías), o galardón conforma a colección do Premio de Teatro Radiofónico que desde o ano 2006 publica Edicións Xerais de Galicia.

Un total de 66 orixinais concorren á sétima edición do Premio Diario Cultural de Teatro...
comentarios