Solidariedade con Palestina en prazas e rúas

Rúas e prazas do país mostran estes días a solidariedade co pobo palestino fronte á política de exterminio de Israel. Esta terza feira, Compostela vivirá unha mobilización artística con espectáculos de Pista4, Pallasos en Rebeldía, o Coro da Rá, Circo9. 

Manifestación en Vigo
photo_camera Manifestación en Vigo

BDS-Galiza xunto con organizacións políticas e colectivos artísticos de Compostela convocan á cidadanía a se mobilizar esta terza feira día 22 ás 19.30 na praza do Toural onde se iniciará un pasarrúas que rematará nun encontro de presentacións artísticas co fin de manifestar o rexeitamento da masacre que está a padecer o pobo palestino polos ataques de Israel. 

Pista4, Pallasos en Rebeldía, o Coro da Rá e Circo9 entre outros colectivos de artistas do espectáculo participarán no encontro de Compostela que quere poñer a súa arte “ao servizo da defensa dos dereitos nun momento en que a brutal agresión de Israel sementa terror e morte na Faixa de Gaza”. 

A mobilización de Compostela súmase a outras que durant

e esta semana manifestarán o rexeitamento á política de exterminio sionista. Esta segunda feira, unha ampla mobilización saiu da Vía Norte de Vigo ás 20 horas detrás dunha faixa na que se podía ler "Solidariedade co pobo palestino".  Unha concentración deuse cita na Praza do Ferro de Ourense ás 20.30 horas. A quinta feira, día 24, será o Obelisco da Coruña ás 20 horas o espazo que rexistre o sentir social contra a masacre ao pobo palestino. 

Comentarios