Protestas en vilas e cidades galegas na defensa do ensino público

A Plataforma Galega en Defensa do Ensino Público realizou varias concentracións en contra da aprobación da nova Lei de Mellora da Calidade Executiva (LOMCE). Vídeo da concentración de Compostela no interior.
Mobilizacións na defensa do ensino público
photo_camera A mobilización na defensa do ensino público en Compostela

 

A aprobación da nova Lei de Mellora da Calidade Executiva (LOMCE) provocou grandes protestas no sector. Plataforma Galega en Defensa do Ensino Público celebrou varias concentracións en sinal de protesta na que participaron pais e nais, alumnado, profesorado e sociedade no seu conxunto.

As concentracións tiveron lugar en Compostela (Praza do Toural), A Coruña (Praza de Pontevedra), Ourense (Xefatura Territorial de Educación), Lugo (Subdelegación do Goberno), Vigo (MARCO), Pontevedra (Praza da Peregrina), O Barco de Valdeorras (Praza do Concello), Ferrol (Edificio Administrativo da Xunta), Carballo (Praza do Concello) e Lalín (Praza do Aviador).

 

Comentarios