venres 28.02.2020

Por problemas técnicos, o número 65 do Sermos Galiza non chegará ao conxunto do país até esta sexta feira

Problemas técnicos, que lamentamos sinceramente, impediron esta quinta feira que o número 65 de Sermos Galiza chegase con normalidade á totalidade dos pontos de venda habituais.

Neste momento, só está disponíbel, nos quiosques de sempre, na provincia de Pontevedra e na cidade de Santiago.

No resto de Galiza, o noso semanario chegará ao encontro coas leitoras e os leitores esta sexta feira.

Na loxa, disponibilizaremos o número 65 a primeira hora desta tarde

comentarios