O pdf do semanario Sermos Galiza, de balde para subscritores do papel

A xunta xeral de accionistas de Sermos Galiza, celebrada onte en Compostela, valorou como fundamental, dentro da estratexia de consolidación do medio, incrementar a base de subscricións

Así, ás campañas xa en marcha de rebaixa dun 20% no prezo das subscricións, con posibilidade de fragmentar o pagamento, súmase agora a posibilidade de as persoas subscritoras dispoñeren de balde do semanario en PDF varias horas antes da súa saída aos quiosques.

Deste xeito, a partir do número 52 de Sermos Galiza, xa á venda, os subscritores e subscritoras que o desexaren, poden ter tamén acceso á versión PDF do semanario. Para iso só teñen que crear unha conta de usuario na loxa de Sermos Galiza cubrindo os datos que se solicitan no apartado CREAR CONTA .

Así mesmo, nas próximas semanas ampliarase a oferta de descontos SÓ para subscritoras e subscritores a outros produtos á venda na loxa de Sermos Galiza.

Comentarios