O BNG é o único grupo que se mantén en galego na comisión das Caixas

Todos os grupos, agás o BNG, pasáronse ao español na Comisión das Caixas na comparecencia de Ángel Vilariño. A deputada nacionalista, Carme Adán, lamentou que a cámara non habilitara servizos de tradución. 

Carme Adán
photo_camera Carme Adán

Só a deputada do BNG Carme Adán mantívose en galego na Comisión das Caixas que se está a desenvolver no Parlamento. Pedro Puy, do PP, Carmen Gallego, do PSOE e Xosé Manuel Beiras, de Anova decidiron facer a súa intervención en español na comparecencia do profesor Angel Vilariño, facendo que na sesión o galego estivese practicamente ausente, fóra da participación da deputada do BNG, Carme Adán. 

A deputada nacionalista lamentou que a cámara galega non habilitase servizos para que a sesión se desenvolvese na nosa lingua, habida conta, ademais, da existencia de profesionais e dunha Facultade de Tradución. Adán mantívose na nosa lingua, denunciando a facilidade do Parlamento para prescindir da nosa lingua sen xustificación algunha.A parlamentaria fixo a súa intervención en primeiro lugar e foi despois cando representantes dos outros grupos se mudaron para o español. 

O deputado de AGE, Xosé Manuel Beiras, fixo tamén na súa intervención mención ao uso do idioma mais decidiu falar en español, segundo dixo, para facilitar a comunicación co comparecente. 

Comentarios