"As mulleres decidimos, as menores tamén”, lema para as concentracións deste 23

“As mulleres decidimos, as menores tamén”, é o lema coa que a Plataforma polo Dereito ao Aborto convoca concentracións este día 23 en protesta contra a contrarreforma do PP. 

aborto
photo_camera aborto

A Plataforma Galega polo Dereito ao Aborto volve ás rúas esta segunda feira día 23 ás 20 horas , diante das sedes do PP de cidades e algunhas vila  para se mobilizar contra para mostrar a súa oposición á contrarreforma do goberno de Rajoy despois de que o grupo do goberno rexistrara no Congreso unha iniciativa pola que se muda o articulado da lei e se obriga ás menores de idade a contar con autorización para interromper o embarazo.  

“Como sempre, o Partido Popular está utilizando os dereitos e liberdades das mulleres como moeda de cambio para tentar gañar unhas eleccións”, sinalan desde a Plataforma co que manifestan o seu convencemento de que o partido do goberno quere contentar con esta medida ao seu electorado máis conservador. 

. “Lévanas a abortos clandestinos, co conseguinte risco para a súa saúde”, lamentan.

"O Partido Popular está utilizando os dereitos e liberdades das mulleres como moeda de cambio para tentar gañar unhas eleccións”

Denuncian que o PP está atacando os dereitos das máis mozas ás que se lles impón un permiso mesmo nos casos de violencia intrafamiliar, desamparo ou desenraizamento. “Lévanas a abortos clandestinos, co conseguinte risco para a súa saúde”, lamentan.

“Sairemos ás rúas todo o que for preciso, como fixemos co anterior anteproxecto de Gallardón, para evitar que se xogue cos dereitos e liberdades das mulleres máis mozas”, sinalan desde a Plataforma que agrupa organizacións feministas, partidos e sindicatos. “O que o PP ten que facer é investir en educación, saúde sexual e prevención se o que realmente quere é evitar os embarazos non desexados, non cargarse os dereitos das mulleres a decidir sobre o seu corpo e a súa maternidade”, sinalan ao tempo que anuncian que non van consentir “ningún paso atrás”. 

Concentracións do 23 de febreiro, ás 20 horas:

Compostela: diante da sede do PP
Ourense: diante da sede do PP
Vigo: Farola de Urzaiz
Coruña: diante da sede do PP
Pontevedra: sede provincial do PP
Ferrol: diante da sede do PP
Cangas: diante do Concello
Burela: na praza do Concello

Comentarios