CxG “amosa músculo” no seu Congreso Constituínte e escolle a Xoán Bascuas como Secretario Xeral

Amosando músculo e coa mirada posta nas próximas eleccións municipais. Así concluíu o Congreso Constituínte de Compromiso por Galicia no que se escolleu por listas abertas un consello Político Nacional composto por 15 mulleres e 15 homes e do que saíu electo Secretario Xeral Xoán Carlos Bascuas.
Bascuas
photo_camera Bascuas

Como estaba previsto, Xoán Carlos Bascuas, único candidato, foi elexido Secretario Xeral de Compromiso por Galiza nun Congreso Constituínte do que, segundo dixo, sae unha organización que “hoxe amosou músculo e que está en disposición de seguir avanzando no noso vindeiro obxectivo que son as eleccións municipais”. Incidindo na “imaxe de forza” que a organización que lidera deu na súa reunión constitutiva, Xoán Bascuas defendeu a necesidade dunha alternativa ao PP. “Aqueles que utilizan ferramentas e discurso de oposición, serán sempre oposición, cando este País o que precisa é de propostas de goberno que nos saquen do brutal empobrecemento ao que estamos sometidos, a nivel individual e colectivo”, afirmou no discurso de clausura, no fin do Congreso que tivo lugar nun hotel de Teo.

Emancipación e vontade de ser

Pulou porque Galiza non perdera o tren “das nacións que van ser quen de emanciparse” para o que colocou a “vontade de ser por riba de todo, a vontade da cidadanía como motor do cambio”.

Dirixiuse tamén o líder de CxG aos militantes da súa organización a quen agradeceu o empeño e o entusiasmo. “Polo tempo roubado aos vosos seres queridos e pola paciencia que teñen con nós; polo que tendes aportado, moito ou pouco, tanto material como inmaterialmente”, sinalou.

Un Consello Político Nacional paritario saído da votación da afiliación en listas abertas dirixirá o futuro de CxG despois dun Congreso no que se aprobaron os documentos sometidos a consideración por “amplísima maioría”. Entre outras decisións, no debate aprobouse tomar como propia a bandeira branca e azul -un dos debates máis longos- e apoiar a eliminación da división territorial provincial. Co lema “Proxecto de País” que presidira o Congreso, CxG baseou a súa liña política na defensa do galeguismo, o progresismo e a socialdemocracia.

MEMBROS DA EXECUTIVA 

Xoán Carlos Bascuas (Secretario Xeral)
Xosé Manuel Pérez Bouza (Coordinador Ourense)
Rafael Cuíña Aparacio (Coordinador Pontevedra)
Rocio López Pacio (Coordinadora Lugo)
María Xosé Afonso (Coordinadora A Coruña)
Sandra Arauxo Carballido
Xulia Guntín Araújo
Paulo Carlos López López
Manuel González López
Inma López Silva
Henrique Monteagudo
Xosé Anxo Laxe
Ana Belén Bande
Pablo Tortajada Bermúdez (membro da MNG)

MEMBROS CONSELLO POLÍTICO NACIONAL ELECT@S

María Xosé Alonso Torres
Sandra Arauxo Carballido
Ana Belén Bande Domínguez
Manuel Bello Salvado
Rafael Calvo Grovas
Dolores Caramés Hermo
Fernando Casal Tacón
Teba Conde Herrezuelo
Gonzalo Constenla Bergueiro
Natalia Costas Alonso
Rafael Cuíña Aparicio
Jéssica Fernández Polo
Balbina Gándara Antelo
Manuel González López
Xulio Guntín Araúxo
Xosé Anxo Laxe Suárez
Paulo Carlos López López
Rocio López Pacio
Inmaculada López Silva
Iván Marrube Rodríguez
Henrique Monteagudo Romero
Xosé Mosquera Casero
Pilar Neira Martínez
Andrés Núñez Rajoy
Ruth Parada Dejuane
Xosé Manuel Pérez bouza
Xoán Antón Pérez Lema
Brais Preto Fernández
Sonia Sainz Suárez
Sara Torreiro Rodríguez

Comentarios