Sindicatos abandonan a Mesa Sectorial por entender que Educación só procuraba “facer o paripé”

A CIG, así como o resto de organizacións agás Anpe, abandonaron a Mesa Sectorial onde se ía debater o repagamento do comedor, por entender que as intencións da Consellería son unha "burla". A central nacionalista anuncia que defenderá no pleno do Consello Escolar de Galiza unha emenda á totalidade na que esixe a retirada do novo decreto

imaxe da acción da CIG-Ensino contra a reforma educativa do Goberno español
photo_camera imaxe da acción da CIG-Ensino contra a reforma educativa do Goberno español

A CIG Ensino rexeitou participar no “pariré” no que, denuncia, a Consellaría pretende converter a Mesa Sectorial Docente non Universitaria e decidiu abandonala. Unha decisión adoptada tamén polo resto de organizacións sindicais representadas agás Anpe. A Xunta convocara para hoxe unha xuntanza deste organismo.

O secretario nacional da CIG-Ensino, Anxo Louzao, afirmou que “resulta  inadmisible que se nos convoque  a unha reunión da Mesa Sectorial para negociar o decreto de comedores cando o decreto xa foi ditaminado pola Permanente do Consello Escolar de Galiza. Para máis, convocala á unha da tarde significa que se quere cumprir unicamente  cun mero trámite e non levar a cabo unha verdadeira negociación”.

Diante desta situación, as organizacións sindicais que forman parte da Mesa Sectorial solicitaron por escrito a Consellaría de Educación o cambio na data da convocatoria e o compromiso de iniciar un novo trámite para ditaminar o proxecto de decreto de comedores no Consello Escolar de Galicia, “previa negociación na Mesa Sectorial tal como recolle  o proxecto decreto”.

Sen ter aconta as achegas

Na Mesa Sectorial desta sexta, "a administración comunicounos a súa intención de non reconsiderar a súa actuación e de seguir adiante coa xuntanza advertindo ademais que non se ían ter en conta achegas que supuxeran cambios substanciais do decreto".

No Pleno do Consello Escolar de Galiza, convocado para o próximo 17 de abril, a CIG-Ensino defenderá “unha emenda a totalidade para solicitar a retirada de proposta de Decreto polo que se regulan os comedores escolares dos centros docentes públicos non universitarios”, polo que supón de prexudicar o ensino público.

A centralnacionalista defenderá nese organismo que se aga un novo decreto no que se garanta o uso gratuíto do comedor escolar a todo o alumnado beneficiario do transporte escolar e daquel cuxa renda mensual familiar non exceda tres veces o salario mínimo interprofesional.

Comentarios