Asasinadas 18 mulleres nos 65 días que van de 2014

A media de mortes atribuídas á organización armada ETA no conflito vasco foi de 19 nun ano, 365 días.

asasinatos
photo_camera © Rompamos el Silencio

O asasinato dunha muller en Málaga a mans da súa ex-parella eleva até as 18 a cifra de mortes que a violencia machista deixou no que vai de ano, unha menos que as que, en 300 días máis, terían causado de media as accións da organización armada ETA durante o conflito vasco. 

Así as cousas, xaneiro pechou con 10 asasinadas entre as cales se atopan Adela e María José, nai e filla veciñas de Lugo. En febreiro foron 5 os homes que mataron as súas parellas ou ex-parellas; na Galiza asasinaron María Luísa. De marzo van seis días e tres asasinatos: unha nai de 51 anos e a súa filla de 9 --sen identificar-- estranguladas en Cádiz. E Ana, degolada en Málaga polo seu ex-marido, quen despois intentou suicidarse.

Comentarios