Abrente non presentará candidatura propia á XIV Asemblea Nacional do BNG

Abrente, o colectivo liderado por Carlos Aymerich, resolveu hoxe non presentar candidatura propia á XIV Asemblea Nacional do BNG. Porén, si manterá até o final o seu voto particular.
Abrente
photo_camera Abrente

Asemblea de Abrente esta mañá en Compostela, no hotel NH Obradoiro. Arredor de 150 militantes tomaron parte no conclave desta forza política integrada no seo do BNG. Na orde do día, o seu posicionamento perante a asemblea nacional que a organización frentista realizará en Santiago o 17 de Marzo.

Abrente tomou basicamente dúas decisións. A primeira, a de manter até o final do debate -até o plenario da Asemblea Nacional, se chegar- o seu voto voto particular. A segunda, a de non apresentar candidatura propia aos órgaos de dirección do BNG.

O colectivo que lidera Aymerich tampouco conformará ningunha candidatura de consenso co resto de colectivos organizados dentro do BNG.

Nunha perspectiva de refundación do BNG, Abrente defende a superación do modelo frentista e cuestiona a participación do Bloque en accións políticas conxuntas con outras forzas soberanistas do estilo da antiga Causa Galiza ou de Nós UP.

Comentarios