18 [email protected] na redada da Garda Civil contra o movemento polos dereitos [email protected] [email protected] [email protected]

A Audiencia Nacional ordenou o peche de todas as sedes que Herrira ten en vilas e cidades vascas, así como a clausura de 32 perfís de twitter, 125 de faceboock e 38 páxinas web, e o bloqueo das súas contas bancarias. O operativo segue aberto. A Audiencia Nacional acusa @s [email protected] de "enaltecemento, integración e financiamento de banda armada"

Garda Civil

Desde primeiras horas da mañá desta segunda feira, ducias de axentes da Garda Civil están a desenvolver unha xigantesca redada contra Herrira, o movemento polos dereitos [email protected] [email protected] polí[email protected] [email protected], en cumprimento dunha orde da Audiencia Nacional española. Axentes do corpo armado levan detidas 18 persoas en diferentes localidades de Euskal Herria, para alén de irromper nas sedes de Herrira en Hernani, Iruña, Gasteiz e Bilbo. Nesta última cidade, a garda civil confundeuse e tomou a sede de Eusko Alkartasuna no canto da de Herrira.

A Audiencia Nacional acuso @s [email protected] de "enaltecemento, integración e financiamento de banda armada"

A operación, que segue aberta, foi ordenada polo Xulgado de Instrución nº6 da Audiencia Nacional, inclúe o peche das sedes, o bloqueo das contas bancarias e mesmo o feche de perfís de twitter, faceboock e webs.

Dinámica de guerra

O operativo do estado español xa está a xerar as primeiras reaccións en Euskal Herria, onde se considera que o mesmo resposta a “dinámicas de guerra” que debían ficar no faiado do pasado.

Herrira é un movemento cidadá que centra o seu traballo na defensa dos dereitos [email protected] [email protected] políticos [email protected]

Cómpre lembrar que en 2001 o xuíz Garzón ilegalizara, no marco da 'razzia' aberta contra organizacións e entidades da esquerda abertzale, as Xestoras Pro Amnistía (Amnistiaren Aldeko Batzordeak), o organismo que traballaba no eido anti-represivo.

A INFORMACIÓN GALEGA ESTÁ NA TÚA MAN!

Subscríbete ao noso boletín de novas.

Date de alta de balde e recibirás unha selección dos nosos artigos para saberes o que acontece.

Máis en Euskal Herria
comentarios