Mobilización xigante en Bilbo en defensa dos dereitos d@s pres@s

Bilbo viveu esta tarde a marcha que Naiz.Info cualifica como a maior mobilización da historia de Euskal Herria. 115.000 persoas saíron á rúa en defensa dos dereitos d@s pres@s basc@s.

A multitudinaria marcha -organizada por Herrira- expresa que un importantísimo sector da sociedade basca repudia a política penitenciaria do Estado español por non respeitar dereitos humanos fundamentais dos militantes de ETA encarcerados e dispersos por distintos penais da península.

O retorno d@s pres@s a Euskal Herria e o avanzo cara a unha solución democrática do conflito político foi a principal demanda da maré humana despregada polas rúas de Bilbo.

No manifesto co que se fechou a marcha, os portavoces de Herrira enfatizaron: «Os gobernos español e francés deben dar pasos. Este pobo reclámao. A crueldade sempre foi asideiro da covardía. Sexan valentes. Por unha vez, póñanse ao nível que exixe a situación".

Comentarios