Un 89% de sis a prol dun Estado vasco na consulta popular de Arrankudiaga

A veciñanza deste concello de Bizkaia protagonizou este domingo un referendo para reivindicar o dereito a decidir como país. Participou o 61,5% do censo.

arranku
photo_camera Foto: Naiz

Arrankudiaga-Zallo é un pequeno concello do interior de Bizkaia cuxa veciñanza protagonizou este domingo unha consulta popular para expresar a súa postura sobre a independencia de Euskal-Herria á vez que reclamaban o dereito a poder decidir como país e, tamén, amosar a súa solidariedade co proceso que se vive en Catalunya.

O referendo organizouno unha plataforma veciñal: A2

Das 815 persoas con dereito a voto exerceron este dereito o 61,5%. O resultado da votación foi rotundo: un 89% manifestouse a prol da creación dun Estado vasco independente, un 2,6% votou en contra. Pola papeleta en branco optaron un 6 por cento dos participantes.

Non é o primeiro

Arrankudiaga-Zallo colleu con esta consulta o relevo da que realizara en abril o concello de Etxarri-Aranatz (Nafarroa), e no que un 95% das persoas que votaron apostaron na independencia vasca.

Esta pequena vila está gobernado por Bildu con maioría absoluta (4 concelleir@s), e o PNV ten tres elect@s. Ningunha outra formación ten representación neste concello, malia presentar candidatura PSOE (7 votos) e PP (6 votos).

O referendo deste domingo contou coa presenza de representantes de organizacións políticas e sindicais, así como o apoio de entidades e personalidades da cultura e deporte vasco. 

Comentarios