domingo 25/10/20

Francisco Jorquera: “Empregaremos todas as ferramentas fronte ás políticas que vaian contra Galiza e o pobo"

Francisco Jorquera Caselas preséntase ás eleccións como candidato á presidencia da Xunta polo BNG. A súa participación na política galega comezou hai máis de trinta anos cando militaba en ERGA e durante os últimos anos representou a Galiza como deputado parlamentar no Congreso español. 
Este ferrolán encabeza un proxecto político que define como "a única alternativa ao Partido Popular".
Francisco Jorquera, candidato do BNG
Francisco Jorquera, candidato do BNG


En varias ocasións asegurou que serán [email protected] á política de recortes. No concreto, que supón ese compromiso? Até onde están [email protected] ao levar?

No BNG estamos [email protected] a defender o autogoberno e a xustiza social até as últimas consecuencias e converternos nun dique de contención contra a política de recortes. Neste sentido, empregaremos todas as ferramentas posíbeis mesmo presentando recursos de inconstitucionalidade fronte ás políticas que sexan contrarias aos intereses de Galiza e das maiorías sociais. Asemade, empregaremos a mobilización social como resposta e chave perante os recortes.

Fala de ampliar o autogoberno para avanzar cara á soberanía...

"O noso obxectivo é construír unha fronte contra os recortes"

O noso proxecto é claramente soberanista pois entendemos que a sociedade galega ten que ter capacidade de decisión sobre os seus recursos e sobre aquelas cuestións que lle afectan, para superar a crise. Porén, non constituiremos un goberno de gabinete senón que o BNG aspira a ser un goberno de praza pública, un proxecto aberto que conte coa participación da cidadanía, dos movementos sociais... O noso obxectivo é construír unha fronte contra os recortes para o que crearemos unha corrente en favor dun maior autogoberno máis sempre en chave soberanista. É evidente que o actual marco político-xurídico está esgotado como tamén o está a Constitución española, por tanto, deberá ser reformada e superada. Se foi posíbel mudala pola vontade de Merkel tamén o deberá ser pola loita dos pobos.

"Poñer o país a producir" é unha das principais ideas da súa campaña. Como o farán posíbel?

Galiza debe aproveitar as súas potencialidades pois é un país rico, mais que non ten goberno. Desde o BNG apostamos pola defensa dos nosos sectores produtivos, como o pesqueiro –un dos máis prexudicados polas políticas do goberno español e da Unión Europea--, o sector agrario ou o enerxético –un dos nosos sectores punteiros--.

"O BNG defende un proxecto de país que produza e que non sexa dependente do consumo de produtos procedentes de fóra"

Porén para poñer este país a producir serán precisas maiores cotas de autogoberno que permitan, por exemplo, que Galiza posúa un réxime tarifario propio e poidamos sacar un maior rendemento da nosa produción enerxética. Neste sentido, o BNG defende un proxecto de país que produza e que non sexa dependente do consumo de produtos procedentes de fóra.

Están a pedir o voto das e dos [email protected] para @s defender desde o Parlamento...

Pedimos o voto das maiorías sociais, dos traballadores, dos pequenos empresarios, autónomos... dos colectivos sociais máis prexudicados polas políticas do goberno de Núñez Feijóo, Rajoy e a Unión Europea. Así pois, confiamos en que o BNG sexa o seu referente de cara ao 21 de outubro.

No seu programa comprométense a derrogar as leis de familia e de axuda á maternidade. Cales son as súas propostas en materia de igualdade?

As políticas de igualdade que compoñen o noso programa electoral están nas antípodas daquelas que defende o Partido Popular. Os exemplos que citas reflicten a ideoloxía reaccionaria, integrista e patriarcal da dereita. Parécenos incríbel que non teñan botado do partido a Castelao Bragaña despois das súas declaracións, o que dá conta do seu concepto de igualdade.

"As políticas do PP levan as mulleres a ser confinadas no fogar"

As súas políticas levan as mulleres a ser confinadas no fogar e a encher o baleiro dos seus recortes en servizos sociais obrigándoas a coidar as persoas dependentes, as crianzas... No BNG reforzaremos os servizos públicos para rachar con esta lóxica e pularemos por un marco galego de relacións laborais a prol da igualdade real dos salarios entre mulleres e homes. Tamén así, defendemos o dereito ao aborto libre e gratuíto.

As sondaxes apuntan que o BNG podería aumentar o seu número de [email protected] Que resultado agarda o vindeiro 21-O?

A sociedade galega testou como fracasada a xestión e o goberno do Partido Popular, mais preferimos non xogar co resultado. No entanto estamos certos de que se o voto nacionalista e de esquerda se concentra no BNG comezará un novo tempo.

comentarios