Vigo incoa, cun ano e tres meses de atraso, un expediente por abuso de autoridade a un suboficial d@s bombeir@s

Traballador@s do servizo de extinción de incendios suspenden as mobilizacións que tiñan convocadas ao coñecer que o documento estaba xa pendente da sinatura do alcalde. A sentenza que impuxo esta medida disciplinaria foi ditada en novembro de 2011
photo_camera Protesta d@s bombeir@s [CIG]


Traballador@s do servizo de extinción de incendios do Concello de Vigo acordaron esta segunda feira suspender as protestas convocadas para reclamar que se lle volvese abrir o expediente sancionador contra un suboficial denunciado en varias ocasións por abuso de autoridade e acoso laboral.

Pouco antes de se mobilizaren, responsábeis do Concello informaron de que o documento estaba xa riba da mesa do alcalde para ser asinado.

Desde o ano 2007 no rexistro do Concello entraron reiteradas denuncias por actitudes de abuso de autoridade e, malia isto, CIG explicou que o goberno de Abel Caballero (PSdG-PSOE) "non respondeu" aos escritos presentados por máis un traballador dando conta desa mesma situación. En novembro de 2011 o xulgado do contencioso nº2 ditou unha sentenza favorábel ao bombeiro, obrigando ao Concello a incoar dous expedientes por dúas faltas constitutivas de abuso de autoridade por parte deste suboficial.

Porén, pasados catro meses a sentenza aínda non se aplicara. Após solicitar a intervención do xuíz, en marzo de 2011 incoouse un expediente --e non dous, como sinalara o xuíz--. Para evitar que caducase a incoacción iniciaron os contactos con responsábeis municipais e comezaron a convocar mobilizacións, pois en setembro de 2011 foi admitira a trámite unha causa por acoso laboral contra o mesmo suboficial no xulgado do Penal nº7. Malia suspender as mobilizacións, consideran que a decisión adoptada polo Concello "é un parque que tenta rectificar a pésima xestión que se fixo do expediente".

Comentarios