O Supremo empeza a instrución para resolver o recurso de Alcoa contra a sentenza que tombou o ERE en San Cibrao

Fronte común de Xunta e comité para urxir "un avance, claridade e certezas" a Alcoa e á  SEPI nas negociacións para a venda.

Xuizo de Alcoa no TSXG (Europa Press)
photo_camera Xuizo de Alcoa no TSXG (Europa Press)

O Tribunal Supremo principiou a instrución para resolver sobre o recurso que a multinacional do aluminio Alcoa interpuxo contra a sentenza que tombou o expediente de regulación de emprego para medio centenar de traballadores na fábrica de San Cibrao (Cervo).

En concreto, a sala do social do Supremo emitiu unha dilixencia de ordenación con data do pasado 9 de abril na que designa maxistrado relator a Ignacio García- Perrote  Escartín.

Ordena que as actuacións pasen a este maxistrado para instrución por tres días, aínda que contra esta resolución cabe recurso de reposición,#ante o letrado da administración de xustiza, no prazo de cinco días, que non terá efectos suspensivos respecto o acordado.

Preguntada respecto diso, en declaracións a Europa  Press, a avogada de CCOO María Veiga considera que  "é unha sentenza que está ben fundamentada. Non vexo a necesidade de movela e espero que iso non ocorra. Sería un shock para o persoal".

Precisamente, representantes dos traballadores mantiveron esta segunda feira unha reunión de traballo co vicepresidente económico da Xunta, Francisco Conde.

Ao termo, ambas as partes transmitiron a mesma mensaxe aos medios de comunicación: a necesidade de que se produza "un avance" e de que se trasladen "claridade e certezas" no proceso para a venda da compañía á sociedade estatal de participacións industriais ( SEPI).

Comentarios