O prezo das exportacións galegas cae 1,08% e acumula seis meses de descensos

As importacións baixan 7,74%

Vista do peirao de contedores de Guixar (Foto: Porto de Vigo).
photo_camera Vista do peirao de contedores de Guixar (Foto: Porto de Vigo).

O prezo das exportacións galegas caeu 1,08% en novembro, mentres que o das importacións baixou 7,74%, segundo se desprende do Índice de Valor Unitario para o Comercio Exterior publicado esta segunda feira polo Instituto Galego de Estatística (IGE).

En concreto, o previo dos bens de consumo exportados subiu  0,64%, mentres que o custo dos bens intermedios e de capital baixou 3,72% e 1,59%, respectivamente. Tamén os bens non enerxéticos exportados caeron 0,61%.

Así, o país acumula seis meses consecutivos de baixada das exportacións (o último dato positivo é de maio). Isto provoca que no acumulado do ano, entre xaneiro e outubro, as vendas ao exterior baixen 0,5% en comparación con 2022.

No lado das importacións, o prezo dos bens de consumo importados en novembro na Galiza diminuíu 5,06%, do mesmo modo que os bens intermedios, que baixaron 9,57%. Os bens de capital fixeron o propio -4,86%, así como os bens non enerxéticos, que baixaron 6,81%.

Por destino e orixe xeográfica, as exportacións cara a países da zona euro 0,51% en novembro, mentres que as importacións procedentes destes estados caeron 8,53%.

Os envíos á Unión Europea aumentaron 0,77% no undécimo mes de 2023 e as súas importacións diminuíron 10,11%. As exportacións cara á OCDE minguaron 0,47% e as súas importacións foron 9,17% inferiores, do mesmo modo que os envíos galegos ao resto do mundo, que baixaron 5,31% e as importacións 7,14%.

Comentarios