O prezo da luz repunta esta segunda feira despois da baixada do domingo

Na poxa, o prezo medio da luz no mercado almacenista (o denominado 'pool') situarase para esta segunda feira en 61,79 euros/MWh, rexistrando entre as 15 e 16 horas o prezo máis baixo do día
O prezo da luz repunta esta segunda feira (Foto: Nós Diario).
photo_camera O prezo da luz repunta esta segunda feira (Foto: Nós Diario).

O prezo media da luz para a clientela de tarifa regulada vinculada ao mercado almacenista subirá esta terza feira até os 61,79 euros por megawatt hora (MWh), tras rexistrar este domingo o seu nivel máis baixo desde o pasado 17 de xaneiro con 15,7 euros/MWh.

Na poxa, o prezo medio da luz no mercado almacenista (o denominado 'pool') situarase así para esta segunda feira neses 61,79 euros/MWh, rexistrando entre as 15 e 16 horas o prezo máis baixo do día, con 19,20 euros/MWh, mentres que o prezo máximo rexistrarase entre as 20.00 e as 21.00 horas, con 165,33 euros/MWh.

A este prezo do 'pool' sumaríase a compensación ás gasistas, que ten que ser abonada polos consumidores beneficiarios da medida, os consumidores da tarifa regulada (PVPC) ou os que, a pesar de estar no mercado libre, teñen unha tarifa indexada, pero para esta segunda feira situarase novamente en 0 euros/MWh, situación que se repite desde o pasado 27 de febreiro.

Excepción ibérica

O Consello de Ministras e Ministros aprobou a pasada terza feira a extensión da excepción ibérica até o próximo 31 de decembro, tras o acordo alcanzado polos Estados español e Portugués coa Comisión Europea.

En consecuencia, prolóngase sete meses, até o 31 de decembro, e non se exclúe que poida prolongarse máis tempo se devandito marco tamén se prolonga.

En concreto, o acordo non soamente representa unha extensión da excepción ibérica que xa se aplicaba, senón que implica algúns axustes para acomodalo, como a referencia de prezos, que até o de agora incrementaba en cinco euros ao mes, e agora será máis suave.

Actualmente o mecanismo leva sen ter efecto sobre os procesos de casación marxinal nos mercados almacenistas desde finais de febreiro, debido ao descenso do prezo do gas natural por baixo dos limiares fixados para a súa aplicación, pero, en caso necesario, a prórroga permitirá manter un prezo ‘razoábel’, non tan dependente da evolución do gas natural.

Comentarios