Este é o prezo da luz por horas de hoxe, 8 de xullo

Por treitos horarios, o prezo máximo da luz para esta sexta feira darase entre as 21 e as 22 horas, mentres que o mínimo será entre as 17 e as 18 horas.

Segue a evolución do prezo da luz en 'Nós Diario' (Foto: Nós Diario).
photo_camera A luz é hoxe 147% máis cara que hai xusto un ano. (Foto: Nós Diario)

O prezo medio da electricidade coa tarifa regulada sitúase esta sexta feira nos 324,2 euros o megawatt/hora(euros/MWh) —incluíndo os custos de comercialización, peaxes e outros cargos, isto é, o prezo real sobre a factura—, segundo os datos publicados no día de hoxe por Rede Eléctrica de España.

Por treitos horarios, o prezo máximo da luz para esta sexta feira darase entre as 21 e as 22 horas, con 392,76 euros/MWh, mentres que o mínimo, de 281,05 euros/MWh, rexistrarase entre as 17 e as 18 horas.

Esta sexta feira o prezo medio do 'pool' —prezo base que negocian as compañías produtoras e comercializadoras de enerxía— é de 231,25 euros/MWh.

Deste modo, sobe 24,2% a respecto do prezo medio desta quinta feira, segundo datos publicados polo Operador do Mercado Ibérico de Enerxía (OMIE).

2021 fechou como o ano máis caro da serie histórica, cun prezo medio de 111,93 euros/MWh debido á espiral alcista rexistrada no 'pool' no segundo semestre.

En comparación con hai xusto un ano, o prezo do 'pool' para esta sexta feira será 147,2% aos 93,67 euros/MWh do 8 de xullo de 2021.

Por outra parte, o prezo medio do mes de xuño foi de 211,8 euros/MWh, uns 24 euros superior ao prezo de abril, que foi de 191,52 euros/MWh, e case 100 euros por baixo de marzo, que deixou o rexistro máis elevado da historia (283,3 euros/MWh).

Comentarios