Este é o prezo da luz por horas de hoxe, 26 de maio

O prezo mínimo desta quinta feira, segundo os datos proporcionados pola Rede Eléctrica de España, deuse entre as 4 e as 5 horas, mentres que o máximo será de 21 a 22 horas.

Cae este domingo o prezo da luz un 4,61% e sitúase en 177 euros/ MWh (Foto: Nós Diario).
photo_camera O prezo da luz duplica hoxe o de hai xusto un ano. (Foto: Nós Diario)

prezo medio da electricidade coa tarifa regulada baixa esta quinta feira até os 259,74 euros o megawatt/hora (euros/MWh) —incluíndo os custos de comercialización, peaxes e outros cargos, isto é, o prezo real sobre a factura—, segundo os datos publicados no día de hoxe por Rede Eléctrica de España.

Por treitos horarios, o prezo máximo da luz para esta quinta feira darase entre as 21 e as 22 horas, con 342,04 euros/MWh, mentres que o mínimo, de 209,9 euros/MWh, rexistrouse entre as 4 e as 5 horas.

Esta quinta feira o prezo medio do 'pool' —prezo base que negocian as compañías produtoras e comercializadoras de enerxía— é de 173,29 euros/MWh.

Deste modo, diminúe 6,1% a respecto dos 184,57 euros/MWh de media desta cuarta feira, segundo datos publicados polo Operador do Mercado Ibérico de Enerxía (OMIE).

2021 fechou como o ano máis caro da serie histórica, cun prezo medio de 111,93 euros/MWh debido á espiral alcista rexistrada no 'pool' no segundo semestre.

En comparación con hai xusto un ano, o prezo do 'pool' para esta quinta feira será 114,7% superior aos 80,72 euros/MWh do 26 de maio de 2021.

Por outra parte, o prezo medio do mes de abril foi de 191,52 euros/MWh, case 90 euros por baixo de marzo, que deixou o rexistro máis elevado da historia (283,3 euros/MWh).

Comentarios