Enagás ficha os socialistas Montilla e José Blanco

A empresa do IBEX 35, propietaria da rede de almacenaxe e transporte de gas natural, incorpora os ex ministros.
enagás
photo_camera (Europa Press)

Os ex ministros socialistas José Blanco e José Montilla, e o experto en enerxía afín a Podemos Cristobal José Gallegos -segundo informa El Confidencial- veñen de incorporarse como conselleiros independentes de Enagás, empresa do IBEX 35 propietaria da rede de almacenaxe e transporte de gas natural.

A súa incorporación ao consello de administración, presidido por Antonio Llardén desde o ano 2007, foi aprobada pola comisión de nomeamentos e retribucións, presidida pola tamén conselleira independente Ana de Palacio -quen fora ministra do Partido Popular- e na que tamén figuran os nomes dos populares Antonio Hernández-Mancha e Isabel Tocino.

Comentarios