As peaxes da AP-9 volven subir esta cuarta feira, ás portas da ponte de Todos os Santos

Incrementarán en 2% para, en breve, co inicio do novo ano, volver subir.

AP9

O Boletín Oficial do Estado (BOE) publica esta terza feira o decreto polo que a partir desta cuarta as peaxes da AP-9 volverán subir, desta  vez en 2%. As peaxes xa incrementaran no principio do ano en 1,9% . Ademais, en poucos meses, co arranque do novo exercicio, volverán subir.

Este alza nas tarifas para a concesionaria da Autopista do Atlántico é de 1% para compensar polas obras en Rande e circunvalación de Compostela e outro tanto, 1%, polas bonificacións nos traxectos entre Pontevedra e Vigo.

Ir de Compostela a Madrid por vías de alta capacidade (A-8, despois A-6 e Ap-6) permite percorrer máis de 500 quilómetros cun custo en peaxes para o peto do condutor de menos de 13 euros (portaxe de Adanero, na entrada a Madrid). Porén, percorrer os 200 quilómetros entre Ferrol e Tui pola AP-9 vai supor perto de 21 euros en peaxes após a nova suba de 1,9% aprobada esta sexta feira polo Consello de Ministros. En 2010 apenas era de 14,5 euros. Suba de máis de 40%. Neste mesmo período, entre 2010 e 2018, os beneficios obtidos pola concesionaria da Autopista do Atlántico abeiraron os 500millóns de euros.

Comentarios