luns 06/12/21

O representante de CCOO avala a reforma das pensións do Comité de Sabios que asesora ao Goberno Rajoy

O 'comité de [email protected]' avoga por prestacións máis baixas segundo aumenta a esperanza de vida e de que estas dependan dos números da Seguridade Social e non da evolución do IPC. O representante de UXT votou en contra. O de Comisións, non

vellos
vellos

“A sostibilidade do sistema de pensións”, “contas robustas e transparentes”, “manter este dereito”. Estas foron algunhas das frases deitadas esta sexta feira por Víctor Pérez Díaz, presidente do comité de expertos que elaborou unha proposta de reforma de pensións. Achega que, pedida polo goberno de Rajoy, será estudada polo executivo cara á súa implementación, xa sexa total ou parcial.

Algunhas das liñas mestras elaboradas por este comité de 12 persoas son as de que as pensións se vaian sendo máis baixas a medida que vaia aumentando a esperanza de vida. Ou ben desligar estas prestacións da suba do IPC (Índice de Prezos ao Consumo) para ligala á tesoureiría da Seguridade Social. As pensións iranse revalorizando, pois, ano a ano e sen ter como referente o aumento do custo da vida, senón as arcas da SS.

Condicións necesarias

Tal proposta non gozou de apoio unánime aínda que si que moi, moi maioritario. De feito, o único voto en contra foi o realizado polo representante do sindicato UXT.

O representante de CCOO e director do Gabinete de Estudios deste sindicato, Miguel Ángel García, votou a favor do informe. En declaracións a El Diario, García sinala que el entende que se dan os elementos necesarios para aprobar a proposta.

A información galega está na túa man!

Subscríbete ao noso boletín de novas.

Date de alta de balde e recibirás unha selección dos nosos artigos para saberes o que acontece.

O representante de CCOO avala a reforma das pensións do Comité de Sabios que asesora ao...
comentarios