Mercadona sobe os prezos, malia afirmar que non subirá o IVE

A cadea de supermercados valenciana que preside Juan Roig anunciou que non aplicará a suba do IVE decretada polo goberno de Rajoy para o 1 de setembro, mais ao tempo deu orde aos seus centros de que vaia subindo os prezos aos poucos, entre o 0,1 e o 0,5% sobre o prezo xeral.

 

Aínda que o tipo superreducido, que grava a maioría dos produtos alimentarios, deberá manterse no 4%, as carnes, peixes, vexetais e outros produtos frescos, a auga para o consumo humano e os produtos sanitarios para a menstruación están gravados co reducido, do 8%, que subirá ao 10. Os produtos cosméticos soben do 18 ao 21%. Na páxina Economía Digital, Antoni Rubio recolle mostras do aumento progresivo de prezos neste verán, que foi denunciado por consumidor@s en : o atún “redondeou” o prezo, de 2,98 a 3 euros, e tamén os ovos, de 95 céntimos a un euro.

Con estas pequenas subas, Mercadona xa está a facer efectiva o aumento do IVE, malia manter o seu discurso de prezos "sempre baixos". A credibilidade da marca está a ser posta en cuestión este verán: despois da acción de varios membros do Sindicato Andaluz de Traballadores, que entraron nun supermercado da cadea e tomaron alimentos para os repartiren entre as persoas necesitadas e da retirada do mercado de produtos cosméticos en que existía risco canceríxeno, comezaron a se desvelar as súas políticas laborais e de xestión dos alimentos.

Comentarios