Marchan a pé de Megasa até a sede do PP contra o peche da siderurxia

Máis de 300 persoas, entre traballador@s e familiares, piden que se modifique a lei enerxética por entender que implica o feche da industria.

megasa
photo_camera @mcendan1967

Desde Megasa até a sede do Partido Popular en Narón. Ese foi o itinerario que percorreron a pé traballador@s da siderurxia e familiares para pedir que se garanta a continuidade da industria. A dirección de Megasa anunciara ao cadro de persoal, por volta de 200 operari@s, que a lei enerxética produce un escenario no que terían que pechar e despedilos.

De aí que a demanda desta protestas fose que no marco da reforma enerxética haxa unha modificación da lei que permita a Megasa manter a actividade dentro da viabilidade. Desde o PP indican que se está traballando para solucionar o problema e que xa se presentaron alegacións a esta norma enerxética, mais as e os traballadores lembran que non hai ningún feito que corrobore que vai haber unha solución.

Comentarios