Fruga exixe unha investigación e unha auditoría de Alimentos Lácteos

A organización agraria demanda tamén que se pague aos e ás produtoras os cartos que se lle adebedan

Alimentos Lácteos

Alimentos Lácteos entrou en concurso de acredores. Unha suspensión de pagos tras a cal hai responsabilidades políticas e non se descarta que penais. Así o manifestaron desde a Federación Rural Galega (Fruga), organización que pide que se abra unha investigación para determinar as causas e motivos da quebra de Alimentos Lácteos.

Aliás, desde a Fruga tamén avogan porque se leve a cabo unha auditoría das contas desta empresa, que recibiu por volta de nove millóns de euros en axudas e subvencións públicas.

Para Fruga, o escenario é máis que difícil: “quince millóns de euros de débedas recoñecidas, unha estratexia de posicionamento no mercado con prezos á baixa que axudou á baixada do prezo do leite; perto de 1.000 productores aos que se lles adebedaba o leite de varios meses; 9 milllóns de euros de cargos públicos fundidos e perto de 100 traballadores da planta de envasado sen emprego e varias cooperativas nunha situación moi complicada”

Responsabilidades

A Federación, que incide en que se pague aos e ás produtoras de leite os cartos que se lle adebedan, entende que o partido Popular ten unha gran responsabilidade no acontecido, pois, sinala, impideu que un grupo de cooperativas galegas se fixesen con esta factoría en Outeiro de Rei "deixando ao mando a dúas persoas que tiñan cargos públicos da man do PP e que dirixían as cooperativas de Gancobre e A Arzuana".

Comentarios