sábado 16/10/21

Fruga entrega 3.000 sinaturas na Xunta para esixir ''solucións'' polos danos da fauna salvaxe

A consellaría do Medio Rural deixou de pagar as bonificacións polos danos causados polo xabarín. A federación agrogandeira esixe que o departamento de Rosa Quintana "asuma a súa responsabilidade".

fauna
[Imaxe: Fruga]


Que a Xunta "asuma a súa responsabilidade" a respeito dos danos causados pola fauna salvaxe comezando pola elaboración dun censo "rigoroso" e que se poña en marcha "un control efectivo do xabarín" na Galiza.

Son algunhas das esixencias que a Fruga transladou este 31 de xaneiro na delegación do Goberno galego en Lugo, avaladas por 3.000 sinaturas doutras tantas persoas "que dan voz ao sentimento de abandono que existe no rural".

A federación agrogandeira reclama que se habilite "de maneira urxente" un fondo de danos de compensación que cubra todos os danos causados pola fauna salvaxe, tamén as perdas de colleitas e de animais. Nas principais feiras do País, a Fruga emprendeu unha campaña informativa e debates coa veciñanza para artellar solucións e poñelas riba da mesa da Xunta. 

comentarios