A fenda salarial que non mingua en Galiza: as mulleres cobran 29% menos que os homes

En Catalunya, Estremadura, Andalucía, Baleares, Aragón, Canarias ou Castela-A Mancha, esa diferenza reduciuse nestes anos. En Galiza, non.

cadea
photo_camera [Imaxe de arquivo]

O informe ‘Brecha salarial y techo de cristal’ elaborado polos técnicos de Facenda (Gestha) evidencia máis unha vez que as mulleres cobran en Galiza menos que os homes. Un 28,7% menos. En cifras absolutas, esa fenda é de media no Estado español de case 4.800 euros menos ao ano.

Gestha destaca que farían falla sete décadas para acabar con esa diferencia salarial. Son tres millóns de traballadoras no Estado español que non chegan ao salario mínimo interprofesional (SMI). O número de mulleres con ingresos entre 50.000 e 80.000 euros é a metade dos homes.

Entre 2005 e 2015 esa fenda foise reducindo –até en 15%-, indica o informe, mais nestes anos volveu a aumentar. Territorios como que Estremadura, Andalucía, Aragón, Canarias, Castela-A Mancha, Baleares e Catalunya foron onde máis se rebaixou esa diferenza. Galiza, pola contra, está estancada e continúa coa mesma fenda de 2005. En Ceuta e Melilla, aumentou. 

Comentarios