Precisas o coche para traballar? Así é como podes solicitar a compensación de 26 céntimos por quilómetro

A compensación cobre o combustíbel e os gastos relacionados co desgaste ocasionado ao vehículo e as súas posíbeis avarías.
Un home repostando combustíbel no seu vehículo (Foto: Alejandro Martínez Vélez / Europa Press).
photo_camera Un home repostando combustíbel no seu vehículo (Foto: Alejandro Martínez Vélez / Europa Press).

O Ministerio de Facenda e Función Pública aprobou dúas ordes polas que se actualiza a compensación de gastos por quilometraxe para quen use un vehículo para desenvolver o seu traballo, que alcanzará os 0,26 céntimos por quilómetro percorrido.

A compensación cobre o combustíbel e os gastos relacionados co desgaste ocasionado ao vehículo e as súas posíbeis avarías. Tamén entran dentro desta protección, aínda que de maneira proporcional, o seguro e os impostos relacionados co vehículo.

Unha das ordes publicadas esta segunda feira no Boletín Oficial do Estado (BOE), contempla as indemnizacións para os empregados públicos que deben utilizar o seu propio vehículo para traballar, mentres que outra orde recolle as exencións das que poderán gozar os contribuíntes no Imposto da Renda sobre as Persoas Físicas (IRPF) polos gastos de locomoción que afronten na súa desempeño diario utilizando un coche ou calquera outro vehículo.

Esta indemnización ou exención tiña unha contía até o momento de 0,19 euros por quilómetro, cantidade estabelecida no ano 2005.

As formas de acceder ao beneficio son moi distintas para cada colectivo que pode gozar do mesmo. No caso das empregados públicos, os 0,26 euros por quilometraxe aboaranse tras a presentación da factura de combustíbel correspondente e unha declaración xustificativa do desprazamento. Posteriormente, e tras a comprobación da documentación, realizaráselles un ingreso na súa conta corrente.

Para o conxunto de traballadores contribuíntes de IRPF que utilicen o vehículo para traballar, as exencións aplicaranse permitindo excluír da declaración do imposto a cantidade resultante de multiplicar 0,26 euros polos quilómetros percorridos.

Para este trámite será necesario contar cun documento que xustifique o desprazamento, e no que se poderán incluír dos gastos de peaxe e aparcamento. Segundo explican desde o Departamento que dirixe María Jesús Montero.

Encarecemento do combustíbel

A actualización a 0,26 céntimos era algo pendente por distintos motivos. Un deles é que a cifra levaba sen actualizarse desde 2005, ano en que se instauraron os 0,19 euros tanto para a indemnización como para a exención no IRPF. A isto sumáronse outros factores determinantes sobre o prezo final das materias primas, como a guerra en Ucraína, que provocou unha escalada dos prezos da enerxía.

As consecuencias da tensión bélica en Ucraína provocaron que, actualmente, os prezos da gasolina ou o gasóleo sexan case o dobre do que eran en 2005, cando levou a cabo a última actualización.

Comentarios