CIG convoca mobilizacións en defensa das pensións públicas

CIG convoca para hoxe,15 de abril, até 24 manifestacións e concentracións ao longo da xeografía galega, enmarcadas na campaña que o sindicato vén desenvolvendo na defensa do sistema público de pensións.

FERROL PENSIÓNS

A Confederación Intersindical Galega convocará mobilizacións simultáneas en distintas cidades e vilas do país co fin de descentralizar as protestas e reivindicar emprego e salarios dignos, entendidos como único garante para un sistema de pensións de calidade.

Horarios das manifestacións e concentracións:

Pontevedra: 11:30h Praza da Ferrería

Vilagarcía: 12:00h Casa do Mar

A Estrada: 11:30h Praza do Mercado

Lugo: 12:00h Diante do Concello

Sarria: 12:00h Praza da Vila

Guitiriz: 12:00h Praza da Feira

Monforte: 12:00h Diante do Concello

Burela: 12:00h Praza da Mariña

Ribadeo: 12:00h Diante do Concello

Vilalba: 12:00h Praza da Constitución

Ferrol: 12:00h Praza Amada García

As Pontes: 12:00h Diante do concello

Santiago de Compostela: 12:00h Praza do Toural

Padrón: 12:00h Biblioteca Municipal

Boiro: 12:00h Diante do Concello

Noia: 12:00h Diante do Concello

A Coruña: 12:00h Praza de Vigo

Cee: 12:00h Praza do Concello

Vigo: 12:00h Vía Norte

Moaña: 12:00h Diante do Concello

Ourense: 11:30h Praza do Ferro

Verín: 12:00h Praza do Concello

O Barco: 12:00h Diante do Hospital Comarcal

Comentarios