Unha caída de R deixou sen servizo miles de persoas usuarias

Desde pouco despois das oito da mañá e afectou varias comarcas da Galiza.

r

Pouco despois das oito da mañá desta quinta feira o servizo de internet de móbil e fixo de R caía, deixando sen o mesmo a miles de persoas en diferentes comarcas da Galiza. Unha caída que tamén afectou por momentos ao servizo de teléfono.

A caída afectou tamén, ademais de particulares, empresas e negocios. Desde a compañía a través das redes sociais manifestaron que “temos unha incidencia que afecta ao servizo de internet fixo e móbil. Xa están os nosos técnicos a traballar para intentar resolvelo o antes posible. Sentimos moito as molestias”.

Desde a empresa indica que "xa está en proceso de solución" e que están recuperando "de forma gradual" o servizo polo que "en breve" deberase ter conexión.

Comentarios