Unha de cada catro empresas galegas require facer os pagos por adiantado

Galiza é os segundo territorio do Estado español que máis recorre a esta medida para protexerse ante posíbeis impagamentos.
Cada vez máis empresas galegas apostan nos pagamentos por adiantado.
photo_camera Cada vez máis empresas galegas apostan nos pagamentos por adiantado.

Un dos tópicos que pesa sobre as galegas é que somos xente desconfiada. Este tópico parece estenderse ás empresas. De feito, segundo o Informe Europeo de Pagos elaborador por Intum, unha compañía especializada en prevención e xestión de impagamentos, Galiza é o segundo territorio do Estado español con maior porcentaxe de empresas que solicitan pagamentos por adiantado. En concreto, son 25%, unha de cada catro, as que recorren a esta medida para protexerse ante posíbeis impagamentos.

En 2020, a morosidade vólvese situar entre as principais preocupacións das empresas. Os dilatados atrasos nos aboamentos das facturas propician que cada vez máis firmas pidan pagamentos por adiantado ao entregar os produtos ou prestar os seus servizos. Só as madrileñas superan as galegas, con 28% das súas compañías apostando neste procedemento.

Como destacan desde Intum, esta decisión, sumada a outras medidas de protección como a recuperación de débeda ou as verificacións de crédito, permitiu aos negocios destes territorios reducir as súas perdas por débedas incobrábeis por baixo de 2% nas súas contas anuais.

Á cola de Europa

No extremo contrario figuran territorios como Castela e León, o País Valenciá e Castela-A Mancha, onde menos de 10% das súas organizacións opta por previr impagamentos solicitando abono dunha parte da factura por adiantado. 

No conxunto da Unión Europea, o Estado español presenta os peores resultados nesta materia, a pesar de que cada vez son máis as organizacións que recorren aos pagos por adiantado. Só 19% dos negocios españois recorren a este procedemento para non ter facturas pendentes, unha cifra 20 puntos por baixo da media europea que se sitúa en 39%.

Comentarios