Bruxelas duplicará o seu financiamento aos Estados para instalar parques eólicos

Co plan de acción eólico presentado esta terza feira, Bruxelas pretende “redobrar esforzos” para acelerar o despregamento da enerxía eólica en particular mediante unha maior previsibilidade e unha “tramitación máis áxil dos permisos”.
Aeroxeradores do parque eólico de Sil e Meda, en Esgos, na comarca de Ourense. (Foto:
Agostime / Europa Press)
photo_camera Aeroxeradores do parque eólico de Sil e Meda, en Esgos, na comarca de Ourense. (Foto: Agostime / Europa Press)

A Comisión Europea duplicará o orzamento do Fondo de Innovación para financiar proxectos de fabricación de tecnoloxías de enerxía renovábel até 1.400 millóns de euros, incluídos os proxectos de fabricación de turbinas eólicas e os seus compoñentes na súa próxima convocatoria inminente no marco do seu novo paquete para impulsar precisamente as instalacións eólicas.

Co plan de acción eólico presentado esta terza feira, Bruxelas pretende “redobrar esforzos” para acelerar o despregamento da enerxía eólica en particular mediante unha maior previsibilidade e unha “tramitación máis áxil dos permisos”.

A Comisión axudará os Estados membro a aplicar rapidamente as disposicións sobre permisos da nova directiva sobre enerxías renovábeis. Ademais, Bruxelas apoiará financeiramente a formación das autoridades estatais encargadas da concesión de permisos e proporcionará información como por exemplo a designación de zonas de aceleración das enerxías renovábeis.

Financiamento da UE

Aliás, a Comisión facilitará o acceso do sector ao financiamento da UE, por exemplo ampliando a posibilidade de apoiar a fabricación de enerxía eólica a través do Fondo de Innovación, o revisado Plan Estratéxico Europeo de Tecnoloxía Enerxética (Plan EETE), así como a través da Plataforma Estratéxica Tecnoloxías Estratéxicas para Europa (STEP, polas súas siglas en inglés).

Así, para finais de ano, o Banco Europeo de Investimentos (BEI) despregará un mecanismo de garantía específico para as exposicións crediticias dos bancos comerciais aos principais provedores da industria eólica. Así mesmo, os Estados membro poderán “aproveitar plenamente as oportunidades que ofrece o Marco Temporal de Crise e Transición para as axudas estatais en apoio da industria eólica na UE”.

"Diálogo" con inverstidores

Bruxelas comprometeuse tamén a reforzar o seu diálogo en curso coas partes interesadas, en particular “cos investidores de capital a longo prazo, no contexto do Diálogo de Investidores, co obxectivo de atopar solucións para que a industria eólica da UE sexa máis competitiva á hora de atraer investimentos a escala mundial”.

Comentarios