As axudas da PAC en Galiza: entre o retraso e o adebedamento

“A lexislatura do rural iníciase coa axudas da PAC de 2016 sen pagar e con débedas pendentes da de 2015”, afirma a Federación Rural Galega.

Vaca

A Federación Rural Galega (Fruga) solicita à Consellaría de Medio Rural que axilice os tramites perante do Ministerio de Agricultura español para solicitar os fondos para poder pagar o adianto da Política agraria común, PAC, 2016. Lembra a organización que o pasado mês de xullo o Consellos de Ministros de Agricultura da UE tomou o acordo de autorizar os estados membros para que puidesen anticipar o pagamento da PAC 2016 a partir do 16 de outubro. “Anticipo que pode chegar a ser do 70% mos pagamentos directos e até o 85% no caso das axudas ao desenvolvemento rural”.

Mais, “o desleixo” da administración galega fai, afirma Fruga, que as persoas cond ereito a cobrar estes anticipos teñan que estar pendentes dos pasos que dá a Xunta. “Diñeiro que fai moita falta debido aos baixos prezos que estamos cobrando polos nosos produtos. No caso do sector lácteo a falta de liquidez ven motivada por ter que vender o noso leite cos prezos mais baixos de todo o Estado español e ter de enfrontar os gastos da recollida do millo forraxeiro e a implantación das pradeiras de outono-inverno”

E a esta situación hai que engadir que nestes momentos aínda están pendentes de pagar axudas da PAC do 2015. “Algunhas delas pendentes da finalización de expedientes de inspección, mas outras por erros administrativos da propia Consellaría”. A Fruga considera que “a lexislatura do rural”, como a cualificou Núñez Feijóo no seu discurso de investidura, mal comeza com este tipo de situacións. 

Comentarios