O 10% máis rico da poboación acumula até 53,8% da riqueza

Oxfam denuncia a crecente desigualdade no Estado español.
Amancio é unha das persoas máis ricas de Europa. (Europa Press).
photo_camera O empresario Amancio Ortega nunha imaxe de arquivo (Foto: Europa Press).

Oxfam Intermón denunciou esta segunda feira que até 53,8% do valor da riqueza no Estado español concentrouse en 2022 en mans de 10% da poboación, mentres que 22,4% nas do 1% máis rico, que ademais copa as participacións nas empresas máis adiñeiradas. 

Ao mesmo tempo, 50% dos fogares estatais máis pobres apenas acapararon 7,8% do total e viron reducida a súa riqueza neta media, segundo sostén a ONG no seu informe Desigualdade S.A., Filial en España.

O documento subliña que, nos últimos 20 anos, a fenda entre unha familia situada no 50% máis pobre e outra do 10% máis rico duplicouse. Estas dinámicas producíronse, explicou a organización, pola crecente porcentaxe do Produto Interior Bruto (PIB) que supoñen as rendas de capital, concentradas en mans dunhas poucas persoas, fronte ás rendas do traballo.

A esta tendencia débese engadir a evolución da riqueza financeira, xa que o peso dos activos financeiros sobre a riqueza bruta, subliñou a ONG, case se dobrou durante os últimos 20 anos, e 79,2% do valor dos mesmos está en mans do 10% das persoas máis acomodadas.

Comentarios