O goberno procura unha reforma que permitirá ás mutuas tramitar baixas e altas sen aprobación do médico

Un borrador elaborado polos ministerios de Traballo e Sanidade abriría as portas a que as mutuas tramiten altas e baixas sen aprobación d@ médic@. 

As baixas médicas por incapacidade temporal (IT) van camiño da privatización pura e dura. Esa é, polo menos, a intención do goberno español, que ten un borrador elaborado polos ministerios de Emprego e Sanidade no que se abrirían as portas a esa posibilidade. As mutuas serían as que terían todo o control e poder de decisión sobre as baixas médicas.

Aliás, coa reforma, as mutuas tamén poderían xestionar as baixas por enfermidades comúns, e non só por aquelas derivadas de continxencias laborais

Segundo Economía Digital, este borrador de real decreto daría poder ás mutuas para tramitar a alta médica sen necesidade de contar co consentemento do médico de cabeceira, se ben este asumiría toda a responsabilidade

Estas compañías privadas darían a alta da persoa enferma cando así o considerar. E o médico ou facultativo do sistema público tería catro días para se pronunciar ao respecto. De non facelo, farase efectiva a alta.

Aliás, coa reforma, as mutuas tamén poderían xestionar as baixas por enfermidades comúns, e non só por aquelas derivadas de continxencias laborais.

Comentarios