Adicae avalía personarse no proceso contra NGB polas preferentes

A Asociación de Usuari@s de Bancos, Caixas e Seguros non descarta outras vías, pois a demanda en marcha, entende, non garante a recuperación da cantidade íntegra
Concentración de afectad@s polas preferentes
photo_camera Concentración de afectad@s polas preferentes

A Asociación de Usuari@s de Bancos, Caixas e Seguros (Adicae) recoñece que está a avaliar a posibilidade de personarse o proceso aberto contra Novagalicia Banco por mor da demanda presentada pola Fiscalía en relación ás participacións preferentes.

Adicae tamén analiza outras formas de apoio aos e as afectadas polo calote das preferentes, xa que a demanda, sinala este colectivo nun comunicado, non asegura a nulidade dos contratos nin tampouco a recuperación íntegra da cantidade investida. A tempo, a asociación tamén seguirá fomentando que os e as afectadas presenten reclamacións ante os servizos de atención ao cliente das entidades financeiras implicadas, coa finalidade de que a Comisión Nacional do Mercado de Valores (CNMV) teña coñecemento de todos os casos.

A Fiscalía Superior da Galiza presentou a demanda contra NGB hai uns días e acusou á entidade financeira de vender estes productos con cláusulas abusivas, o que derivou en claros prexuizos para os e as clientes de NGB. A Fiscalía tamén reclamou que NGB depositase, como medida cautelar, 1.108 millóns de euros, unha cifra semellante á que os e as afectadas polas preferentes investiron neste producto de Novagalicia Banco.

Comentarios