A Comisión europea acaba de sinalar que nunca se lles notificou formalmente o proxecto de construír un dique flotante en Ferrol. Isto bota por terra as escusas de Xunta, Sepi e Madrid de que a infraestrutura non se facía polo veto de Bruxelas. O proxecto para a construción dun dique flotante en Ferrol non foi notificado oficialmente á Comisión europea. O único que houbo foi contactos e discusións “informais de autoridades autonómicas españolas e Sepi" con responsábeis europeos de axudas estatais.
Isto é o que vén de declarar a CE en resposta a unha pregunta dun eurodeputado socialista, que se interesaba sobre o dique flotante. “O proxecto non se notificou formalmente á Comisión para a súa avaliación con arreglo ás normas sobre axudas estatais da UE”.
"Gran mentira"
O PSdeG xa solicitou a comparecencia de Núñez Feijóo para dar explicacións por esta “gran mentira”. Cómpre lembrar que Sepi, Xunta e Goberno español apuxeron á UE que non se pudiese facer o dique flotante en Ferrol (unha demanda do naval para ter carga de traballo na área de reparacións, un mercado en alza).
Apoia Nós Diario
Se estás lendo de balde este xornal é grazas ás máis de 3.000 persoas subscritoras. A información independente ten un prezo. Apoia un xornalismo galego e sustentábel subscribíndote a Nós Diario ou facéndote mecenas.