Ducias de organizacións e colectivos apoian a Folga Xeral

A xornada de paro do 14N chega apoiada por máis de setenta organizacións, colectivos e entidades galegas, que respaldan así a Folga Xeral convocada por CIG, CCOO e UGT para alén doutras centrais sindicais. Un amplo e heteroxéneo abano de voces que coinciden na necesidade de dar unha resposta contundente ás políticas e medidas contra as maiorías sociais
Folga Xeral

A Folga Xeral do 14N chega avalada por unha multitude de adhesións e apoios de organizacións e forzas non só do eido sindical ou político, senón de campos como o cultural, o social, o ambiental ou do ensino, entre outros moitos. Unha maré de respaldos que coinciden en chamar á cidadanía a secundar a xornada de paro e as mobilizacións desta cuarta feira incidindo na importancia de mostrar o rexeitamento á vía escolleita por Bruxelas e os gobernos do PP para sairen da crise.

No sindical, e para alén de CIG, CCOO e UGT, a xornada de paro está apoiada por centrais como a CUT, CNT, CGT ou USO. No que atinxe ao eido das forzas políticas, a Folga Xeral conta co apoio de BNG, PSOE, AGE, CxG, Causa Galiza, Nós-UP ou MpB, entre outros.

Mais un dos elementos salientábeis do 14N é que nas últimas semanas boa parte do tecido cultural, social, educativo ou profesional da Galiza foron amosando o seu apoio á convocatoria, tal e como vén de facer público o Foro galego de Inmigración.

Boa parte dese tecido concrétase na Alianza Social Galega, que hai uns días publicou unha declaración de apoio á Folga Xeral, contra un escenario de políticas e medidas que conlevan "o empobrecemento masivo, a eliminación progresiva do dereito do traballo e o desmantelamento dos mecanismos e redes de protección social son políticas neoliberais que pretenden acabar co estado do benestar e esixen unha mobilización contundente".

Asinaron esta declaración máis de 60 organizacións e entidades:  A Mesa pola Normalización Lingüística; ACSUR Galicia; Asemblea de Cooperación Pola Paz; Asociación Fuco Buzán; Asociación Galega de Historiadores; Asociación Galega de Mariscadoras/es; Asociación Monte Pindo Parque Natural; Asociación para a Defensa Ecolóxica de Galicia (ADEGA); Asociación Sociocultural Namentras; Asociación Sociopedagóxica Galega Colexio de Educadores/as Sociais de Galicia; Comisión pola recuperación da memoria histórica da Coruña; Comités Abertos de Facultade; CONFAPA Galicia; Confederación Intersindical Galega (CIG); Confraría Pescadores Póboa do Caramiñal; Coordinadora Galega de ONGs; Escola Viva; Fed. ANPAS Compostela; Federación de Asociacións Culturais Galiza Cultura; Federación de Asociacións de Mulleres Rurais; Federación de Profesionais e Autónomos/as de Galicia; Federación Galega d Medio Ambiente; Federación Galega de Bandas de Música Populares; Federación Provincial APAS Lugo; Federación Rural Galega; Fundación 10 de Marzo; Fundación Castelao; Fundación Defensa dos Consumidores; Fundación Estudo e Divulgación da Cuestión Social e Sindical na Galiza; Fundación Galiza Sempre; Fundación Luís Tilve; Fundación Paz e Solidariedade; Iniciativa Estudantil Galega; Iniciativa Galega Pola Memoria; Instituto de Cooperación ao Desenvolvemento de Galicia ISCOD; Instituto Galego da Historia; Liga Estudantil Galega; Movemento polos Dereitos Civís; Nova Escola Galega; Plataforma Defensa Ensino Público; Plataforma Defensa Sistema Público Galego de Servizos Sociais; Plataforma Galega Defensa Ensino Público; Plataforma polo Emprego (Asociación); Plataforma Queremos Galego; Seminario Galego de Educación para a Paz; Sindicato de Estudantes; Sindicato de Xornalistas; Sindicato Labrego Galego; Sindicato Nacional de CCOO de Galicia; Sindicato Traballadores e Traballadoras Ensino Galicia; SOS Sanidade Pública; Unión de Autónomos de Transporte Carretera e Mar; UGT Galicia; Unión de Profesionais e Traballadores Autónomos; Unións Agrarias; USTG; Xustiza e Sociedade

 

Comentarios