Foi unha xornada desigual para os equipos galegos que xogan na segunda división, cunha derrota do Deportivo (0-2) ante o Almería, un rival en teoría accesíbel, e a vitoria (4-1), remontada incluída, do Celta frente ao Barça B. Porén, tanto o Celta como o Deportivo, teñen en común que o ascenso a Primeira está nas súas mans. Unha cuestión clara no caso do Deportivo, que se mantén líder mais que debe afrontar dous partidos non exentos de riscos (Valladolid e Numancia). A respecto dos celestes, o contundente triunfo ante o Barça é toda unha inxección de moral, ademáis de tres puntos no peto, para un equipo que amosou en Balaídos que a derrota na casa frente ao Depor non lles afectou na moral.O Celta viaxa na seguinte xornada a Sabadell e de esguello mirará o que fai o Depor, que se enfronta a un Valladolid ao que o equipo vigués desexa desbancar da segunda posición na clasificación.
Procura
En destaque
Máis Nós
FÚTBOL
Xornada desigual para os equipos galegos
A derrota do Deportivo en Almería obriga os coruñeses a reaxir a e vitoria do Celta ante o Barça B invita os vigueses a soñar
Máis en DEPORTES
DEPORTES
O 'Pozo do Demo' volverá xuntar en Verín o mellor do descenso estatal
Redacción
25/abr./24 21:38
DEPORTES
O Baxi Ferrol quere pór o traxe de mataxigantes no 'play-off' polo título
Redacción
24/abr./24 20:30
ENTREVISTA
Lucía Rodríguez: "O traballo mental é básico nos deportes de raqueta"
Héctor Pena
24/abr./24 8:26
DEPORTES
Bóla de partido de Jessica Bouzas contra a discriminación do Madrid Open
Redacción
23/abr./24 19:44
Comentarios