Xogos Olímpicos: bronce para o vigués Nico Rodríguez en 470

Canda o barcelonés Jordi Xammat subiu ao podio após lograr o bronce na regata da calse 470, moi desputada.
nico rodriguez 470
photo_camera Rodríguez, nunha imaxe de arquivo.

Nico Rodríguez (Vigo, 1991) logrou esta cuarta feira a medalla de bronce en vela, na clase 470, un premio que partilla co seu compañeiro de barco, o catalán Jordi Xammat.

A embarcación que participaba nestes xogos de Toquio 2020 representando o Estado español entou hoxe en quinta posición, por detrás de Australia (ouro), Suecia (prata), Estados Unidos e Nova Zelanda. Porén, os resultados de xornadas anteriores permitiron a Nico e Jordi subir ao podio.

Esta medalla nestes Xogos Olímpicos é a terceira que consegue un galego e que se engade as que obtiveron Ana Peleteiro (bronce en triplo salto) e Teresa Portela (prata en k1)

Rodríguez gañou tres medallas no Campionato Mundial de 470 entre 2018 e 2021 e outras tres no Campionato Europeo de 470 entre 2017 e 2021. 

Esta medalla nestes Xogos Olímpicos é a terceira que consegue un galego e que se engade as que obtiveron Ana Peleteiro (bronce en triplo salto) e Teresa Portela (prata en k1).

Comentarios