domingo 19/09/21

Ana Peleteiro gaña o bronce en triplo salto

Consegue medalla na súa primeira cita olímpica. 
Ana Peleteiro tras un salto en Toquio. Foto: Europa Press
Ana Peleteiro tras un salto en Toquio. Foto: Europa Press

Ana Peleteiro conseguiu ser medalla de bronce no triplo salto feminino, obtendo así a primeira entrada no medalleiro de Toquio dunha atleta galega. A de Ribeira asinou coa súa participación de hoxe, a súa mellor actuación nun campionato e outorgoulle ao atletismo galego a súa primeira medalla olímpica.

Peleteiro, que bateu a súa mellor marca por dúas veces consecutivas, mantivo unha pelexa ao límite, que se decidiu no sexto e derradeiro salto, coa xamaicana Rickets. Peleteiro só foi superada pola venezuelana Yulimar Rojas, que bateu a plusmarca do mundo, e a portuguesa Patricia Mamona.

A galega chegou no seu primeiro intento até os 14.55, a só 7 centímetros da súa marca persoal, conseguida na pasada sexta feira para meterse na final, e logrou ir mellorando; tras dous saltos nulos, fixo os 14,87 metros que lle deron o metal. 

A discípula de Iván Pedroso fixo o mellor salto da súa carreira no Estadio Nacional de Toquio para situarse na elite deste deporte. Na súa primeira cita olímpica xa colocou o listón no bronce. 

comentarios